Antonio Concheiro Coello, nado en Ordes o 23 de xullo de 1962, é un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
Fillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de Ordes (1987-1989) e parlamentario galego na III, IV e V lexislaturas (1991, 1995-2004) pola provincia da Coruña.
Véxase tamén
Bibliografía