Antonio Cairoli, nado en Patti (Sicilia) o 23 de setembro do 1985, é un piloto de motocrós italiano, máis coñecido como Tony Cairoli.
Traxectoria
Corre no Campionato do Mundo de Motocrós, no que leva gañados 9 títulos, o que o converte no segundo piloto máis laureado da historia deste deporte. Gañou dous títulos mundiais na categoría MX2 (2005 e 2007) e sete na máxima categoría, cando aínda se chamaba MX1 (2009, 2010, 2011, 2012 e 2013) e na renomeada MXGP (2014 e 2017).[1]
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas