Antonio Caballero Ramírez

Modelo:BiografíaAntonio Caballero Ramírez
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Martos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Castellón
  Elche CF

Antonio Jesús Caballero Ramírez, nado en Martos o 6 de xaneiro de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cornellà, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

Nacido en Martos, na provincia de Xaén, formouse na canteira do Martos CD, debutando co primeiro equipo na Tercera División na tempada 2013/14. Comezou a tempada 2014/15 nas filas da Real Balompédica Linense, da Segunda División B,[1] pero pouco despois fichou polo Lucena, da mesma categoría.[2]

A continuación pasou de novo polo Martos,[3] e vestiu as camisetas da UD Ciudad de Torredonjimeno, do Atlético Mancha Real e do Elche B.[4][5] O 15 de abril de 2017 debutou co primeiro equipo do Elche na Segunda División, substituíndo a Armando na segunda metade dun partido ante o Numancia.[6]

Na tempada 2017/18 fichou polo Rápido de Bouzas, que con Borja Jiménez no banco completou ese ano a mellor campaña da súa historia, quedando a un só posto da promoción de ascenso á Segunda División. Foi o xogador de campo con máis partidos do equipo (37). Trala súa saída de Vigo, pasou polo Castellón, o Badajoz e o Mirandés, este último de Segunda División.[7] En 2021 recalou na nova Primeira División RFEF, categoría na que vestiu durante os seguintes anos as cores do UCAM Murcia, o San Fernando, o Córdoba e o Cornellà.

Notas

  1. González, Alessio (3 de xullo de 2014). "Una perla para la Balona" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2024. 
  2. "El Lucena CF amplía su plantilla con el medio Caballero y vence por 0-3 al Almodóvar del Río" (en castelán). 28 de agosto de 2014. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  3. "Caballero regresa al Martos CD como refuerzo de invierno" (en castelán). 23 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2024. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  4. "Caballero, Miguel, Rubio y Ángel fichan por el Atlético Mancha Real" (en castelán). 25 de xuño de 2015. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  5. "El Elche Ilicitano incorpora a Antonio Caballero" (en castelán). 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  6. "Sábado de resurrección numantina en el Martínez Valero". Marca (en castelán). 15 de abril de 2017. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  7. "Antonio Caballero, fichaje para la medular rojilla" (en castelán). 21 de agosto de 2020. Consultado o 4 de abril de 2024.