Antonio Bermúdez Leivas

Modelo:BiografíaAntonio Bermúdez Leivas
Biografía
Nacementoc. 1880 Editar o valor en Wikidata
Riotorto, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1940 Editar o valor en Wikidata (59/69 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Riotorto
24 de xuño de 1936 – 25 de xullo de 1936 (destitución)Gervasio Lamas Lourido →
Alcalde de Riotorto
1930 – 1931
Alcalde de Riotorto
1917 – 1918 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé María Bermúdez Leibas Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2955

Antonio Bermúdez Leivas, nado en Riotorto cara a 1880, foi un mariño e político galego.

Traxectoria

Fillo do que foi alcalde de Riotorto, José María Bermúdez. Piloto da mariña civil. Foi alcalde de Riotorto en 1917. Disparoulle a Vicente Fernández Díaz por cuestións políticas o 15 de setembro de 1918, foi acusado de homicidio frustrado e xulgado na Audiencia de Lugo en xullo de 1922.[1] Foi elixido alcalde de Riotorto en marzo de 1930.[2] Na Segunda República foi elixido concelleiro en 1931. Foi elixido alcalde de Riotorto o 19 de xuño de 1931.[3] Militou en Izquierda Republicana e volveu ser alcalde o 24 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado como alcalde o 25 de xullo,[4] e foi detido o 20 de agosto. Xulgado o 7 de maio de 1937 en consello de guerra na causa 321/37 co seu irmán Eugenio e Ramón Iglesias Valiña, foi condenado a cadea perpetua por rebelión. Estivo preso na prisión provincial de Lugo. Saíu en liberdade provisional por orde do Ministerio de Xustiza do 31 de maio de 1941.[5] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas,[6] e foi sancionado.[7]

Vida persoal

Casou con Concepción Canto Lourido e foi pai de Elvira, Esther, Concepción e Antonio Bermúdez Canto.

Notas

  1. El Progreso, 7-7-1922, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 7-3-1930, p. 7.
  3. BOP Lugo, 12-9-1932, p. 3.
  4. BOP Lugo, 16-1-1937, p. 2.
  5. BOE, 16-6-1941, p. 4368-4371.
  6. BOP Lugo, 24-7-1937, p. 1.
  7. BOP Lugo, 12-2-1941, p. 4.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
?
 
Alcalde de Riotorto
 
1917 - 1918
Sucesor:
?
Predecesor:
Eugenio Alonso Ricoa
 
Alcalde de Riotorto
 
1930 - 1931
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Riotorto
 
1936
Sucesor:
Gervasio Lamas Lourido