Antabamba ou Antapampa (do quechua: anta «cobre» e pampa «chaira») é a capital do distrito e a provincia homónimos, situada no departamento de Apurímac, Perú. Segundo o censo de 2005, tiña nese momento 1.972 habitantes.
Antabamba ocupa unha rexión rica en recursos naturais, en especial, minerais, tales como ouro, prata, ferro e cobre, do último dos cales procede o seu nome.