Antón Vidal Andión

Modelo:BiografíaAntón Vidal Andión

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, editor Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 1910666


Antón Vidal Andión, nado en Pontevedra en 1948, é un avogado e editor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo fundador da Universidade de Vigo da que, en distintas etapas, foi xerente, vicerreitor de asuntos económicos e asesor xurídico. Dende 2002 é vicevaledor do Concello de Vigo.

Noutras etapas foi membro do Instituto de Mediación e Arbitraxe, asesor das centrais sindicais USO e CSG e Árbitro Laboral do Consello Galego de Relacións Laborais.

En marzo de 2015 foi nomeado presidente de Editorial Galaxia[1].

Notas

  1. "Anton Vidal Andión, novo presidente de Editorial Galaxia" Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine., artigo na web da Editorial, 1 de abril de 2015.