Anne-Kristiina Haanpää (de solteira Bäckman),[1] nada o 25 de maio de 1959 en Tampere (Finlandia, é unha xogadora finlandeas de hóckey sobre xeo retirada.
Haanpää xogou máis de 200 partidos na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten SM-sarja, e gañou o campionato en oito ocasións: cinco con Ilves de Tampere e tres cos Shakers de Kerava. Coa selección finlandesa Haanpää gañou catro Campionatos de Europa e conseguiu outros catro bronces nos Campionatos do Mundo.[2]
Unha vez finalizada a súa carreira como xogadora, Haanpää exerceu, entre outras cousas, como árbitra.[3]
Recoñecementos
En 2014 ingresou no Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés, os Suomen jääkiekkoleijonat co número 227.[4]
Notas