Aniceto foi o líder dun infrutuoso levantamento contra a dominación romana no Ponto no ano 69.
Traxectoria
Antigamente, fora un liberto do rei Polemón II. Aniceto comandara a frota real até que o Reino do Ponto se converteu nunha provincia romana durante o reinado do emperador Nerón no 63. Durante a guerra civil tras a morte de Nerón, Aniceto uniuse a Vitelio e encabezou unha insurrección xeral contra Vespasiano no Ponto e Cólquida no 69. Os rebeldes destruíron a armada romana nun súbito ataque contra Trapezus. Tras disto, Aniceto pasou entón á pirataría utilizando un tipo de barco coñecido como camarae.
A revolta, non obstante, foi sufocada polos reforzos romanos baixo o mando de Virdio Xémino, un tenente de Vespasiano. Vencido na desembocadura do río Cohibo (actualmente o Río Khobi, situado no oeste de Xeorxia), Aniceto foi entregado aos romanos por unha tribo local, que lle deron morte.
Véxase tamén
Ligazóns externas