Angst essen Seele auf é un filme de 1974 de Alemaña Occidental escrito e dirixido por Rainer Werner Fassbinder. Está protagonizado por Brigitte Mira e El Hedi ben Salem. O filme gañou o premio da International Federation of Film Critics polo mellor filme en competición e o Premio do Xurado Ecuménico no Festival de Cinema de Cannes de 1974.[2] É considerado unha das obras máis poderosas de Fassbinder e considerado por parte da crítica como unha obra mestra.
O filme conta a historia de amor que xorde entre Emmi, unha muller alemá maior, e Ali, un traballador inmigrante marroquí na Alemaña despois da segunda guerra mundial.