Andrés Vázquez Martínez, nado en Burgás (Xermade) cara a 1883 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1947, foi un comerciante e político republicano galego.
Traxectoria
Comerciante en Vilalba. Pertenceu á directiva de La Unión Comercial Villalbesa. Durante a Segunda República foi concelleiro de elección popular como republicano federal e elixido primeiro tenente-alcalde de Vilalba.[1] Logo da inhabilitación do alcalde Jesús Ramil Cillero a finais de 1931, actuou como alcalde interinamente dende o 2 de xaneiro de 1932,[2] cesando cando Jesús Ramil foi reposto en 1933. Integrouse en Izquierda Republicana sendo vogal da Agrupación municipal (1934).[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 emigrou a Cuba en decembro de 1936. Foi expedientado e sancionado por responsabilidades políticas.[4] Finou en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1947.[5]
Vida persoal
Casou con Antonia Peña Prieto e foi pai de Delia e Manuel Vázquez Peña.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas