Andrés Vale Blanco, coñecido como Moreno de Cobas, nado en Viveiro cara a 1908 e finado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
Xornaleiro. Presidente da CNT en Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ribadeo ao intentar pasar a Asturias e internado no depósito de Ribadeo o 2 de agosto. Foi paseado na estrada de Ribadeo a Lugo no lugar de Voltas de Prado dos Remedios, preto de Mondoñedo o 12 de setembro de 1936 con Florencio Carballo Novegil, Enrique Navarret García e Antonio María Martínez López.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas