Andrés Canoura Palmeiro, nado en Santa Cruz do Valadouro o 8 de abril de 1852 e finado en Ferreira o 25 de febreiro de 1930, foi un político galego.
Traxectoria
Emigrou a Cuba. Na Habana foi propietario da zapataría La Moda. Foi un dos fundadores do Centro Galego da Habana en 1879 e vocal da súa primeira Xunta directiva. Foi presidente de honra da Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro. Ao seu retorno fundou a Hidroeléctrica e a fábrica de fariñas El Canedo. Foi alcalde do Valadouro nos anos dez.
Casou con Ramona Fernández nunha das súas visitas a Galicia en 1891 e foi pai de Ramón Canoura Fernández.
Véxase tamén
Ligazóns externas