Andrew Albicy, nado o 21 de marzo de 1990 en Sèvres, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga no Dreamland Gran Canaria da Liga ACB. Cunha altura de 1,78 metros xoga na posición de base.
Traxectoria profesional
En xuño de 2016, Albicy asinou co MoraBanc Andorra da Liga ACB.[1] O 24 de agosto de 2017, Albicy e o Andorra chegaron a un acordo para ampliar o seu contrato dous anos máis.[2]
O 17 de xuño de 2019, asinou co BC Zenit San Petersburgo da VTB United League.[3]
O 25 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Albicy por unha tempada polo CB Gran Canaria da Liga ACB.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas