Anacleto Valencia Lama, nado en Garabelos (Baltar) en 1876 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1933, foi un empresario galego.
Traxectoria
Foi o primeiro fillo de José Valencia e Sabina Lama, unha familia de labregos propietarios de Garabelos. En 1910 trasladouse a Vigo, foi axente de embarques,[1][2] e montou un hotel na Praza da Constitución en 1912,[3] o que despois sería o Hotel Roma.[4] Finou en Vigo o 31 de outubro de 1933.[5][6]
Vida persoal
Casou con Teresa López Mandianes e foi pai de Olimpia Valencia.
Notas
- ↑ Noticiero de Vigo, 20-7-1913, p. 1.
- ↑ La Región, 20-7-1913, p. 3.
- ↑ La Región, 27-3-1912, p. 3.
- ↑ La Región, 2-7-1914, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1933, p. 9.
- ↑ La Región, 1-11-1933, p. 6.