Ana José Varela González, nada en Bóveda en 1970, é unha executiva galega.[1]
Traxectoria
É licenciada en Dereito e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas. Realizou posgraos en Servizos Financeiros, Estratexia e Liderado no Instituto de Empresa (España) e MBA de Columbia Business School (EE UU).
Traballou no Boston Consulting Group e na Fundación Barrié de la Maza (nº 2, á fronte do departamento de investimentos[2]). Foi conselleira do Banco Popular ademais de presidir as tecnolóxicas Torusware (start- up de software) e Nasasbiotech (biomedicina).[3] En 2015 foi distinguida como ‘Eisenhower Fellow’, un programa de liderado que premia a traxectoria de profesionais de todo o planeta volcados en crear un mundo máis pacífico, próspero e xusto.
En 2017 foi nomeada directora financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvementoo Económico (a primeira muller en ocupar o posto[4]), xestionando un orzamento anual de 500 millóns de euros[5] e dirixindo un equipo de 105 persoas e 5 divisións. É Membro do Grupo de Directores e do Equipo Executivo, exercendo a Secretaría do Comité de Orzamento, onde están representados os 36 países membros.[6]
Forma parte de Referentes Galegas, a plataforma de Executivas de Galicia.[6]
Notas