Ana Sánchez Hernández, nada en Zamora o 27 de outubro de 1977, é unha política de Castela e León.
Traxectoria
Estudou dereito na Universidade de Salamanca. Militante das Juventudes Socialistas e mais do PSOE foi secretaria de organización das JS de Zamora entre 1999 e 2002 e concelleira da súa cidade natal de 1999 a 2003 e nese ano nas eleccións autonómica accedeu a un escano na cámara autonómica ata o ano 2007 cando de novo formou parte da corporación municipal de Zamora ata 2011. Foi senadora por Zamora entre 2008 e 2011. É secretaria de organización do PSOE de Castela e León dende 2014 e membro do comité federal do PSOE.[1] Nas eleccións ás Cortes de Castela e León encabezou a lista do seu partido por Zamora, posición que repetiu en 2019 e 2022.[2]
Notas