Ana María López Fernández, nada en Cariño en 1972, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
Delineante industrial. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número 2 da candidatura do PPdeG á alcaldía de Cariño e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2019 encabezou por primeira vez a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cariño,[1] e obtivo tres concelleiros. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candiatura do PPdeG que logrou 5 concelleiros,[2] e foi elixida alcaldesa ao non haber acordo entre o BNG e o PSdeG-PSOE.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas