Ana Ethel del Rosario Jara Velásquez, nada o 11 de maio de 1968 en Ica, é unha avogada e política peruana.[1]
Traxectoria
No ano 2011 foi elixida congresista da República, como membro da agrupación Gana Perú. Foi Ministra da Muller e Poboacións Vulnerables[1] entre 2011 e 2014 e Ministra de Traballo e Promoción do Emprego entre febreiro e xullo de 2014.
Tamén desempeñou o cargo de Presidenta do Consello de Ministros do Perú, dende o 22 de xullo de 2014; ata que foi censurada polo Congreso da República o 30 de marzo de 2015, co que se viu na obriga de renunciar.[2][3]
Notas