Ana Gabriela Guevara Espinoza, nada o 4 de marzo de 1977, é unha atleta mexicana, especialista en 400 metros.
Traxectoria
Gañou a súa primeira medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 1999 no Canadá. Nos Xogos Olímpicos de 2000 de Sydney quedou en 5º lugar. Despois diso gañou 28 carreiras consecutivas antes de ser segunda en Roma en xullo de 2004. Nos Xogos Olímpicos de 2004 de Atenas foi medalla de prata.