Ana Fuentes Crego, nada en Vigo en 1969, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria
Comenzou a súa actividade profesional en Faro de Vigo e o pouco despois incorporouse a Atlántico Diario. Coordinou o suplemento Universitas e dirixiu o suplemento económico Euro para Atlántico Diario e La Región. É subdirectora no diario Atlántico Diario de Vigo,[1] do grupo La Región.
Formou parte do programa pro liderazgo femenino "executiva" da Xunta de Galicia.[2]
É directora de comunicación da Zona Franca de Vigo, colaboradora do Foro Económico de Galicia, e fundadora do grupo Sumamos de mulleres profesionais, da Asociación da Prensa de Vigo e do Colexio de Xornalistas de Galicia.
Obra
Obras colectivas
- Miradas en Mayo Rey . El sueño de agua en Rey Bouba (2010)
- "Cuando el corazón se hiela", no volume Relatos na rúa (Editorial Elvira, 2017)
Premios e recoñecementos
- Finalista no premio ao Mellor artigo xornalístico sobre o sector naval 2006 por "Los astilleros del mundo, saturados".[3]
- Premio Cegasal de Xornalismo 2017[4]
- Premio impacto social 2024 concedido por Empresarias de Galicia
- Finalista no premio Cepesca 2017. Confederación Española de Pesca
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas