Ana Amado

Modelo:BiografíaAna Amado
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa, guionista de cinema, produtora, directora de cinema, arquitecta, artista visual, director de fotografía Editar o valor en Wikidata

Sitio webanaamado.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm16110755 Facebook: aamadopazos Instagram: anitadinam LinkedIn: anaamadophoto Editar o valor en Wikidata

Ana Belén Amado Pazos, nada en Ferrol en 1975, é unha fotógrafa, arquitecta e artista visual galega.[1]

Traxectoria

Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (2004), cun posgrao en Ilustración Creativa na escola de Arte e Deseño EINA de Barcelona (2008). Realizou os mestrados de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (Universidade de Santiago de Compostela, 2009) e Fotografía de autor e proxectos persoais (Escola Lens, 2012). Amais ten formación como pianista.[2]

O seu traballo foi premiado e exposto na Bienal de Venecia, XIV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e PhotoEspaña entre outras.[3]

Notas

  1. Laura Veiga (2024-09-06). "Ana Amado: "Algunhas mulleres ían ao lavadoiro cando os mariñeiros cobraban para non aguantalos"". Nós Diario. Consultado o 2024-09-07. 
  2. "Currículo" (PDF). PlazaTio. 2013. 
  3. Beatriz Antón (2023-06-03). "La fotógrafa ferrolana Ana Amado presenta un avance de su proyecto «Lavadoiro» en PHotoEspaña". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-09-08. 

Véxase tamén

Ligazóns externas