Amor dos quince anos, Marilyn

Amor dos quince anos, Marilyn
Título orixinalAmor dos quince anos Marilyn
Autor/aAgustín Fernández Paz
Ilustrador/aAndrés Meixide
CubertaMiguel Vigo
OrixeGalicia Galicia
LinguaGalega
ColecciónMerlín
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1995
Páxinas176
ISBNISBN 84-7507-952-0
editar datos en Wikidata ]

Amor dos quince anos, Marilyn é un libro de cinco relatos de Agustín Fernández Paz, publicado en 1995 na Colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. A partir da 5.ª edición (2001), cambia para a Colección Fóra de Xogo (a partir de 14 anos), sen ilustracións, coa conseguinte ampliación da franxa de idade do lectorado[1]. Os contos están precedidos dun limiar do propio autor, "A fábrica de soños", no que explica a súa xénese a partir de breves anuncios por palabras e o porqué do título::

O último (relato) que escribín foi Amor dos quince anos, Marilyn, unha apaixonada homenaxe ó mundo do cine, e axiña souben que este era o que lle tiña que dar título ó conxunto. Por moitas razóns, pero sobre todo porque este libro aparece publicado en 1995, o ano que en todo o mundo se conmemora o centenario do nacemento do cine, esa fábrica de soños que tan importante foi para as persoas da miña xeración[2]

Trama

"Un problema de ósos"

O dr. Castiñeiras, traumatólogo de prestixio recibiu un 27 de outubro por teléfono unha petición de cita urxente de parte de Cristovo Conde. Cando se presenta na consulta o 2 de novembro di que o seu verdadeiro nome é Vlad Țepeș, décimo quinto conde de Dracul e cóntalle como descubriu Galicia e o feliz que é aquí, mais desde hai algún tempo ten unha insoportábel dor de costas. O doutor diagnostícalle artrose e recoméndalle que marche de Galicia.

Como é usual en toda a obra de Agustín Fernández Paz[3], tamén nesta aparece algunha referencia literaria: A Guía de Galicia, dun tal Otero Pedrayo.[4]

"Amor dos quince anos, Marilyn"

María relembra a visita do inspector relacionada coa desaparición do escritor Ramón Pedreira tres semanas antes. Aínda que a el lle dixo non saber nada do escritor desde que este xantou na súa casa o 17 de xullo, a verdade é que posteriormente lle mandara as últimas páxinas do seu diario e mais unha foto xunto cunha nota pedíndolle que destrúa todo.

No diario, Ramón lembra o xantar, o noivado adolescente entre os dous, a visita ao cine pechado… e o que alí viviu cos seus actores preferidos, aínda que non sabe se foi real ou un soño. Uns días despois recibe unha carta de Marilyn Monroe citándoo nun cine da Coruña e decide acudir.

Ao acabar de ler esas follas unha vez máis, María decide cumprir o desexo de Ramón e queima todo.

Neste relato tamén hai referencias literarias[5][6] pero as máis frecuentes son as cinematógraficas: aquel día non botaron o NODO (…) supoño que porque West Side Story duraba moito máis[7], unha longa enumeración de actores, actrices e películas[8] etc.

"Malos tempos para as pantasmas"

D. Diego de Faxardo e Touceda, herdeiro do Señorío de Bergondo, nado en 1637 e finado en 1694 aparece en Galicia en 1994. O día que cumprira 25 anos seu pai fíxolle saber a maldición que o agardaba: resucitar cada 25 anos e pasar un ano entre os vivos. Só se librará cando unha doncela se namore del e comparta a súa vida.

"Un templo para gatos"

Un matrimonio herda unha casona e van vivir nela, deixando o piso de cidade. Como hai ratos, fanse cunha gata que axiña ten gatiños que venden moi ben. Ao home ocórreselle montar unha granxa de gatos, pero non se dan desfeito deles nin regalándoos; xuntan tantos que algún veciño comezou a tiros con eles. Agora a muller decidiu abandonar a casa cos gatos e volver ao piso da cidade.

"Un sono que adelgaza"

Fernando lembra a súa relación con Alicia, a celebración do primeiro aniversario, o gusto de ambos os dous pola boa comida que os levou a engordaren e Alicia convenceuno para apuntárense a un experimento científico: 15 días na Residencia As Acacias sometidos a diferentes métodos de adelgazamento. Unha vez alí, o dr. Quintillán sepáraos en grupos diferentes e mentres o método aplicado a Fernando lle parece máis unha tortura, Alicia móstrase feliz co seu. Acabada a estancia, rómpese tamén a relación.

Narración

A focalización escollida en catro dos cinco relatos é da dun narrador intradiexético protagonista que utiliza a primeira persoa. Unicamente Amor dos quince anos, Marilyn ten un narrador principal extradiexético con omnisciencia selectiva que se combina coa primeira persoa protagonista nas páxinas do diario de Ramón.

Traducións

  • A obra foi traducida ao castelán por Rafael Chacón Calvar e publicada pola editorial SM en 1997 na súa colección El Barco de Vapor[9].
  • Foi tamén traducida ao catalán por Josep Franco Martínez, e publicada por Edicions Bromera en 1999[10].

Notas

  1. Isabel Soto López. "Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita". Consultado o 16/10/2017. 
  2. Fernández Paz, Agustín (1995). Amor dos quince anos, Marilyn. Ed. Xerais. pp. 10–11. ISBN 84-7507-952-0. 
  3. "A literatura e os libros na obra de Agustín Fernández Paz". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2016. Consultado o 2019-07-18. 
  4. Fernández Paz 1995, p. 26.
  5. Fernández Paz 1995, p. 54.
  6. Fernández Paz 1995, p. 57.
  7. Fernández Paz 1995, p. 68.
  8. Fernández Paz 1995, p. 76-77.
  9. "Amor de los quince años, Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18. 
  10. "Amor dels quinze anys, Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Dalam nama Korean ini, nama keluarganya adalah Ha. Ha Jae-sookLahir7 Januari 1979 (umur 45)Daegu, Korea SelatanPekerjaanPemeranTahun aktif2000–sekarangAgenFamily Actors Entertainment Nama KoreaHangul하재숙 Alih AksaraHa Jae-sukMcCune–ReischauerHa Chae-suk Ha Jae-sook (lahir 7 Januari 1979) adalah pemeran Korea Selatan. Ia keluar dari Hankuk University of Foreign Studies untuk mengejar karir akting, dan membuat debut teaternya pada tahun 2000. Setelah beberapa tahun di atas pa...

 

American prelate His Excellency, The Most ReverendJohn Henry TihenBishop of DenverTitular Bishop of BosanaChurchRoman Catholic ChurchSeeDiocese of DenverIn officeSeptember 21, 1917—January 6, 1931PredecessorNicholas Chrysostom MatzSuccessorUrban John VehrOrdersOrdinationApril 26, 1886ConsecrationJuly 6, 1911by John Joseph HennessyPersonal detailsBorn(1861-07-14)July 14, 1861Oldenburg, Indiana, USDiedJanuary 14, 1940(1940-01-14) (aged 78)Wichita, Kansas, US John Henry Tihen (Ju...

 

Abduh Aziz Direktur Utama Produksi Film NegaraMasa jabatan2016 – 30 Juni 2019 Informasi pribadiLahirMohamad Abduh Aziz(1967-10-10)10 Oktober 1967Meninggal30 Juni 2019(2019-06-30) (umur 51)Jakarta, IndonesiaSuami/istriHeni WiradimajaAnak3Orang tuaAbdul Aziz (ayah)Alma materUniversitas IndonesiaPekerjaanProduser filmSunting kotak info • L • B Mohamad Abduh Aziz (10 Oktober 1967 – 30 Juni 2019) adalah seorang produser film asal Indonesia, yang juga m...

Pour les articles homonymes, voir Attenborough. Richard Attenborough Richard Attenborough à Toronto en 2007. Données clés Nom de naissance Richard Samuel Attenborough Surnom Dickie Naissance 29 août 1923Cambridge (Royaume-Uni) Nationalité Britannique Décès 24 août 2014 (à 90 ans)Londres (Royaume-Uni) Profession RéalisateurActeurProducteur de cinéma Films notables La Grande ÉvasionUn pont trop loinGandhiChaplinJurassic Park modifier Richard Samuel Attenborough (/ˈɹɪt͡ʃə...

 

EFL Cup 2021-2022The Carabao Cup 2021-2022 Competizione English Football League Cup Sport Calcio Edizione 62ª Organizzatore English Football League Date dal 31 luglio 2021al 27 febbraio 2022 Luogo  Inghilterra Galles Partecipanti 92 Formula Eliminazione diretta Sito web http://cup.efl.com/ Risultati Vincitore Liverpool(9º titolo) Secondo Chelsea Semi-finalisti TottenhamArsenal Statistiche Miglior marcatore Marcus Forss Eddie Nketiah (5) Incontri disputati 92 Gol...

 

ليك تشارلز     الإحداثيات 30°12′53″N 93°12′31″W / 30.214722222222°N 93.208611111111°W / 30.214722222222; -93.208611111111   [1] تاريخ التأسيس 7 مارس 1861  تقسيم إداري  البلد الولايات المتحدة[2][3]  التقسيم الأعلى مقاطعة كالكاسيو  خصائص جغرافية  المساحة 116.301535 كيلومتر مرب...

For the Spanish footballer, see Albert Canal (footballer). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Albert Canal – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2009) (Learn how and when to remove this message) Albert CanalAlbert Canal in GeelThe Albert canal connects Liège to Antwerp via Has...

 

Міністерство оборони України (Міноборони) Емблема Міністерства оборони та Прапор Міністерства оборони Будівля Міністерства оборони у КиєвіЗагальна інформаціяКраїна  УкраїнаДата створення 24 серпня 1991Попередні відомства Міністерство оборони СРСР Народний комісарі...

 

Військово-музичне управління Збройних сил України Тип військове формуванняЗасновано 1992Країна  Україна Емблема управління Військово-музичне управління Збройних сил України — структурний підрозділ Генерального штабу Збройних сил України призначений для планува...

Borough in Monmouth County, New Jersey, US Keansburg redirects here. Not to be confused with Keensburg, Illinois, or Keenesburg, Colorado. Borough in New Jersey, United StatesKeansburg, New JerseyBorough SealNickname: Gem of the Bayshore[1]Map of Keansburg in Monmouth County. Inset: Location of Monmouth County highlighted in the State of New Jersey.Census Bureau map of Keansburg, New JerseyKeansburgLocation in Monmouth CountyShow map of Monmouth County, New JerseyKeansburgLocatio...

 

Regions of Kentucky, with the Pennyroyal Plateau shown in light brown (labeled as the Mississippi Plateau) The Pennyroyal Plateau or Pennyroyal Region, often spelled Pennyrile,[1] is a large physiographic region of Kentucky that features rolling hills, caves, and karst topography in general. It is named for Hedeoma pulegioides (the American pennyroyal), a wild mint that grows in the area. It is also called the Mississippian Plateau, for the Mississippian geologic age in which it was f...

 

Grouping of folk music genres For the music and instruments of ancient Celts, see Ancient Celtic music. For the record label, see Celtic Music (record label). The wind that shakes that Barley A reel performed by Dancing Willow Problems playing this file? See media help. Rapalje performing in 2010 Celtic music is a broad grouping of music genres that evolved out of the folk music traditions of the Celtic people of Northwestern Europe (the modern Celtic nations).[1][2] It refers...

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help improve this article by introducing more precise citations. (April 2018) (Learn how and when to remove this message) This article relies largely or entirely on a single source. Relevant...

 

Native American tribe in Oklahoma, United States Ethnic group Shawnee TribeShawnee Tribal flagTotal population2,226[1]Regions with significant populations United States ( Oklahoma)LanguagesShawnee, EnglishReligionChristianity, Native American Church, traditional tribal religionRelated ethnic groupsother Shawnee tribes and Sac and Fox The Shawnee Tribe is a federally recognized Native American tribe in Oklahoma. Formerly known as the Loyal Shawnee, they are one of three feder...

 

Artikel ini memerlukan pemutakhiran informasi. Harap perbarui artikel dengan menambahkan informasi terbaru yang tersedia.Artikel ini sebagian besar atau seluruhnya berasal dari satu sumber. Diskusi terkait dapat dibaca pada the halaman pembicaraan. Tolong bantu untuk memperbaiki artikel ini dengan menambahkan rujukan ke sumber lain yang tepercaya.Artikel ini membutuhkan rujukan tambahan agar kualitasnya dapat dipastikan. Mohon bantu kami mengembangkan artikel ini dengan cara menambahkan rujuk...

Tour de France 1992GénéralitésCourse 79e Tour de FranceÉtapes 22Date 4 au 26 juillet 1992Distance 3 983 kmPays traversé(s) Espagne France Belgique Pays-Bas Allemagne Luxembourg ItalieLieu de départ Saint-SébastienLieu d'arrivée ParisPartants 198Vitesse moyenne 39,504 km/hRésultatsVainqueur Miguel IndurainDeuxième Claudio ChiappucciTroisième Gianni BugnoClassement par points Laurent JalabertMeilleur grimpeur Claudio ChiappucciMeilleur jeune Eddy BouwmansMeilleure équ...

 

Este artículo o sección necesita referencias que aparezcan en una publicación acreditada. Busca fuentes: «Swissinfo» – noticias · libros · académico · imágenesEste aviso fue puesto el 26 de agosto de 2018. SWI swissinfo.ch Información generalDominio http://www.swissinfo.ch/Tipo Noticias de Suiza y resto del mundoComercial NoRegistro OpcionalIdiomas disponibles 10 idiomasEn español SíEstado actual ActivoGestiónPropietario SRG SSRLanzamiento 12 de marzo de 19...

 

Bản đồ ranh giới địa lý giữa phạm vi các tòa án quận Hoa Kỳ trong 13 khu vực của tòa án phúc thẩm Hoa Kỳ. Mỗi tòa án quận nằm trong một phạm vi duy nhất, thường là ranh giới tiểu bang (đường nét đậm). Một số ban có nhiều tòa án quận (đường nét đứt) Bài viết này là một phần của loạt bài vềChính trị Hoa Kỳ Chính quyền liên bang Hiến pháp Luật pháp Thuế Lập pháp Quốc hội Hạ...

Senior rank of the Royal Navy of the United Kingdom Admiral (United Kingdom) redirects here. For the singular commander, see Admiral of the Fleet (United Kingdom). For the political offices, see Lord High Admiral of the United Kingdom or First Lord of the Admiralty. AdmiralFlag of an admiral, Royal Navy.Insignia shoulder board and Sleeve lace for AdmiralCountry United KingdomService branch Royal NavyAbbreviationAdmRank groupFlag officerRankFour-starNATO rank codeOF-9Formation1224Nex...

 

この項目では、宮城県の放送局について説明しています。開局時に「ラジオ東北」を名乗った秋田県の民間放送局については「秋田放送」をご覧ください。 東北放送株式会社TOHOKU BROADCASTING CO., LTD. 八木山香澄町にあるtbc社屋種類 株式会社略称 tbc本社所在地 日本〒980-8668[注 1][1]宮城県仙台市太白区八木山香澄町26-1 北緯38度14分49.6秒 東経140度51分21.8秒 ...