Amelia Lamarque, nada como Amelia Quintela Bouza en Galicia e finada en Bos Aires (Arxentina), foi unha prestixiosa actriz nacional e cantante de tango e boleros arxentina. Irmá de Libertad Lamarque.
Traxectoria
Amelia naceu froito do matrimonio entre Josefa Bouza Nieto (nada o 12 de xuño de 1864 na Coruña) e Pedro Quintela (nado en 1860). Ó morrer o seu pai moi novo, a súa nai emigrou xunto ós seus cinco irmáns a Arxentina onde coñeceu a Gaudencio Lamarque, polo que adoptou o apelido deste último de maneira artística. Tivo nove irmáns en total: Eduviges, Gonzalo, Elena, Josefa "Pepita", Pedro, Aurora, Libertad —falecida ós catro anos de idade— e Lirio, —tamén falecido ós poucos anos de nado, e Libertad Lamarque.[1]
Foi unha actriz moi destacada da época dourada cinematográfica. Na súa longa carreira tanto en cine como no teatro, compartiu escena con Raimundo Pastore, Angelina Pagano, Ángel Magaña, Agustín Irusta, Ilda Pavone, Margarita Padín, Hugo del Carril, Eva Franco, Niní Marshall, Mecha Ortiz, Amanda Ledesma, Julio Traversa, Malisa Zini e Miguel Gómez Bao.[2]
Filmografía
Notas
- ↑ Beltran, Yuk-Moy. "Libertad Lamarque Bouza (1908-2000)". El rincón de los recuerdos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2018.
- ↑ Roberto Blanco Pazos, Raúl Clemente: De la Fuga a la Fuga: Diccionario de Films Policiales pág.18, 48 y 484. Editorial Corregidor Buenos Aires 2004
Véxase tamén
Bibliografía