"Amar pelos dois" (en galego: Amar polos dous) é unha canción interpretada polo cantante portugués Salvador Sobral e composta pola súa irmá Luísa Sobral. Esta canción representou a Portugal no Festival de Eurovisión 2017, en Kíiv, e gañou o concurso cun total de 758 puntos.