Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Amalia Pérez.
Amalia Pérez Vázquez, nada en Cidade de México o 10 de xullo de 1977, é unha levantadora de peso mexicana nas categorías de 44 quilogramos a 60 quilogramos.[1][2][3] Foi campioa paralímpica en cinco ocasións e é a única levantadora de peso que foi campioa paralímpica en tres categorías diferentes.[4]
Traxectoria
Pérez foi membro da Delegación Mexicana para os Xogos Paralímpicos dende o ano 2000.[2] Na súa participación nos Xogos Paralímpicos de 2000 gañou a súa primeira medalla de prata en levantamento de peso na categoría de 52 kg,[5] a cal volvería gañar nos Xogos Paralímpicos de 2004 celebrados en Atenas, mais nesa ocasión na categoría de 48 kg.[6] Nos Xogos Paralímpicos de 2008, Pérez gañou a súa primeira medalla de ouro na categoría de 52kg e superou o récord panamericano cun levantamento de 127,5 kg.[7] Volvería conseguir a medalla de ouro catro anos máis tarde nos Xogos Paralímpicos de 2012, desta volta cun levantamento de 135,5 kg.[8][9]
A nivel continental, Pérez gañou a medalla de ouro nos Xogos Parapan de 2007 celebrados en Río de Xaneiro, na categoría de 52kg e superando o récord Paralímpico de levantamento de peso con 130,5 kg 0 14 de agosto de 2007.[10][11] Nos Xogoso Parapan de 2011 celebrados en Guadalaxara, conseguiu a medalla de ouro na categoría de 44kg a 60kg.[12]
No ano 2008, Pérez recibiu o Premio Nacional do Deporte de México.[13]
Notas
- ↑ BBC World, ed. (3 de setembro de 2012). "Amalia Pérez: mexicana y superpoderosa" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Reséndiz, Mac (13 de outubro de 2012). ESPNdeportes, ed. "Amalia Pérez: vulnerable y fuerte" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2013.
- ↑ "Amalia Perez - Para powerlifting | Paralympic Athlete Profile". www.paralympic.org (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ Sportspedia México (ed.). "¡Récord mundial y tercer oro consecutivo!". sportspedia.com.mx (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 21 de setembro de 2016.
- ↑ Comité Paralímpico Internacional (ed.). "Women's Up To 52 kg". paralympic.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2013.
- ↑ Comité Paralímpico Internacional (ed.). "Women's Up To 48 kg". paralympic.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2013.
- ↑ Comité Paralímpico Internacional (ed.). "Women's Up To 52 kg". paralympic.org. Consultado o 19 de maio de 2013. [Ligazón morta]
- ↑ Comité Paralímpico Internacional (ed.). "Women's Up To 52 kg". paralympic.org (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2013. [Ligazón morta]
- ↑ Comité Paralímpico Internacional (ed.). "Women's Up To 60 kg". paralympic.org/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2013.
- ↑ Guadalajara 2011, Juegos parapanamericanos (ed.). "Records Iniciales". parapan.guadalajara2011.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2013. Consultado o 24 de maio de 2013.
- ↑ La Jornada, ed. (15 de agosto de 2007). "Segunda gran jornada de México en Parapanamericanos" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2013.
- ↑ Guadalajara 2011, Juegos parapanamericanos (ed.). "Amalia Pérez". info.parapan.guadalajara2011.org.mx (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2012. Consultado o 24 de maio de 2013.
- ↑ del Río, April (5 de novembro de 2008). La Jornada, ed. "El PND, orgullo, satisfacción y justicia, señala Amalia Pérez" (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2013.