Amador Iglesias Soto, nado en Vilavella (Triacastela) en 1899 e finado na mesma parroquia o 20 de agosto de 1954, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria
Comezou os estudos eclesiásticos no mosteiro de San Xulián de Samos, de onde pasou ao Seminario de Lugo, para ser ordenado sacerdote en 1925. Ampliou os estudos para licenciarse en Dereito Canónico en Santiago de Compostela. Foi nomeado párroco de Toldaos en 1928, e nos anos corenta foi destinado a Becerreá. Colaborou en La Voz de la Verdad, La Provincia e El Compostelano. Finou en Vilavella o 20 de agosto de 1954.[1][2]
Obra
- Adiós, Santiago!.[3]
- Legión de Honor, 1924 (co pseudónimo El Vate Ignoto).
- Versos Albores de un Estro, 1925 (co pseudónimo Assiegi Toiso) (poemario bilingüe galego-castelán).
- Rimas Españolas, 2 volumes, 1928.
- Cantaruxando, 1930 (poemario en galego).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas