Amadeo Varela Rodríguez, nado en Guanacoa (Cuba) en 1913 e finado en Ourense en 2002, foi un mestre, avogado e político galego.
Traxectoria
Retornou cos seus pais a Galicia en 1921. Estudou maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre en Seixalbo (Ourense). Militou nas Mocedades Galeguistas e colaborou en Nós. Foi un dos promotores da revista Espartaco.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de galeguista e comunista, expedientado e suspendido. Foi mobilizado e coincidiu na fronte de Asturias con Celso Emilio Ferreiro. En 1941 foi reposto. Fixo a carreira de dereito e abriu bufete na rúa do Progreso de Ourense en 1946. Dende 1959 fixo artigos compilatorios da actividade xurídica en Ourense. Foi colaborador e difusor de Vieiros en Galicia, o que lle custou o apercibimento por parte das autoridades, que lle abriron expediente sancionador en 1966. Organizou a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro con motivo da súa marcha a Venezuela en 1966. Participou no I Congreso de Dereito Galego na Coruña en outubro de 1972.
Vida persoal
Casou con Consuelo Carid Vázquez e foi pai de Víctor, Zayda, Jorge, Celia e Fernando Varela Carid. Tivo 11 netos.
Véxase tamén
Ligazóns externas