Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Alvarín.
Alvarín é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 22 habitantes (13 homes e 9 mulleres).
Trátase dunha zona rural orientada ao leste cara á bacía do Brandelos, de pouca pendente, e ao oeste cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, polo que hai unha acusada pendente. A poboación aparece co casarío relativamente disperso ao longo de máis de 400 m, ao carón da estrada DP-6603.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Pereira
Parroquias do Pino
Notas