Alexis Morvan-Rosius, nado en Lorient o 17 de marzo de 1993, é un músico bretón de música electrónica, máis coñecido como Alvan. En 2022, representou a Francia no Festival de Eurovisión xunto ao grupo Ahez.
Traxectoria
Alvan é un músico polinstrumentista, cantante e guitarrista de formación. Malia comezar a facer música en 2011, non se dedicou profesionalmente á súa carreira ata o ano 2015, asociándose á discográfica Flou e posteriormente a Inside Records. En 2016 publicou os seus primeiros álbums, chegando a superar as 100.000 reproducións en Spotify e Soundcloud. Ese mesmo ano gañou o concurso de novos talentos BPM Contest, acadando un contrato con Warner Music Group a través da súa discográfica Elektra Records.[1] Alvan ten participado en diversos festivais, destacando o Trans Musicales de Rennes, La Nuit de l'Erdre e Le Bal du Marquis.[2]
En 2022, anunciou a súa candidatura para representar a Francia no Festival de Eurovisión, nun proxecto conxunto co trío feminino Ahez. Ao ser escollidos como un dos 12 grupos que habían competir no concurso Eurovision France, c'est vous qui décidez 2022,[3] Alvan e Ahez clasificáronse para a final, onde obtiveron o primeiro lugar tanto no voto do xurado como no televoto, gañando o concurso.[4] Esta será a segunda vez que Francia participe cunha canción en bretón, despois de facelo Dan Ar Braz e L'Héritage des Celtes na edición de 1996.
Discografía
Albumes
- AP (2016)
- Home (2016)
- La Ballade (2017)
Singles
- Dame de cœur (2016)
- Kangei (2016)
- Pure (2016)
- Bodhyanga (2016)
- Sanzel (2016)
- Amazone (2017)
- Damiana (feat. Velvet) (2017)
- Indolove (feat. Keybeaux) (2019)
- Move On (2019)
- Anything (2021)
- Fulenn (feat. Ahez) (2022)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos