O motor foguete Altair 1A, tamén coñecido como Star 25, TE-M-184-3 e X-258, foi un motor de propelente sólido desenvolvido por Thiokol. Tiña un impulso específico de 266 segundos (242 s a nivel do mar), cun pulo de 22,20 KN e unha masa de 37 kg baleiro. Medía 0,64 m de diámetro e 2,53 m de altura, funcionando durante 28 segundos. Foi usado como última etapa dos foguetes Delta D, Scout A e Scout X-4.[1]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Mark Wade (2022). "Altair 2" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos