Alice in Chains é o álbum autotitulado da banda de grunge de Seattle Alice in Chains. É o seu terceiro álbum e é tamén coñecido polo nome de Tripod debido á imaxe da súa portada, un can con tres patas. Foi editado o 7 de novembro de 1995 polo selo Columbia Records.
Alice in Chains foi a continuación do exitoso Dirt, e, de xeito semellante a este, os seus temas céntranse en temáticas como a depresión, o illamento, as drogas, a ira e a morte. O álbum baséase menos nos riffs metálicos dos seus anteriores álbums de longa duración, e enfatiza máis as melodías e os arranxos con texturas variadas, a semallanza do son delicado e acústico dos seus EPs. Trátase do derradeiro álbum de estudio co vocalista Layne Staley (que morrería dunha sobredose no ano 2002). O disco foi certificado dúas veces platino pola RIAA, e vendeu ao redor de 3 millóns de copias en todo o mundo.
Listaxe de cancións
Todas as letras escritas por Layne Staley, agás onde se indique.
N.º |
Título | Letras | Música |
Duración |
1. |
"Grind" | Jerry Cantrell | Cantrell |
4:45 |
2. |
"Brush Away" | | Cantrell, Mike Inez, Sean Kinney |
3:22 |
3. |
"Sludge Factory" | | Cantrell, Kinney |
7:12 |
4. |
"Heaven Beside You" | Cantrell | Cantrell, Inez |
5:27 |
5. |
"Head Creeps" | | Staley |
6:29 |
6. |
"Again" | | Cantrell |
4:05 |
7. |
"Shame in You" | | Cantrell, Inez, Kinney |
5:35 |
8. |
"God Am" | | Cantrell, Inez, Kinney |
4:08 |
9. |
"So Close" | | Cantrell, Kinney |
2:45 |
10. |
"Nothin' Song" | | Cantrell, Kinney |
5:40 |
11. |
"Frogs" | | Cantrell, Inez, Kinney |
8:18 |
12. |
"Over Now" | Cantrell | Cantrell, Kinney |
7:03 |
- Cancións extra no Xapón
Todas as letras escritas por Staley, toda a música composta por Cantrell.
N.º |
Título |
Duración |
13. |
"Again (Tattoo of Pain Mix)" |
4:01 |
14. |
"Again (Jungle Mix)" (Tamén coñecida como Club Mix) |
4:01 |
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Álbums ao vivo | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Sinxelos | |
---|