A Alianza Macedonia pola Integración Europea (en macedonio: Македонска Алијанса за Европска Интеграција; en albanés: Aleanca Maqedonase për Integrimin Europian) é un partido político que representa á minoría macedonia de Albania. O partido foi fundado o 30 de outubro de 2004 baixo o nome Alianza Macedonia pola Integración Europea e foi rexistrado oficialmente o 8 de xuño de 2005.[2] O primeiro presidente do partido foi Edmond Temelko, quen foi alcalde de Pustec dende 2007 até 2019. En 2019, un macedonio étnico foi elixido por primeira vez por este partido para o parlamento, Vasil Sterjovski.[3] O propio Sterjovski foi elixido como presidente do partido en setembro de 2019.
O partido non apoia as afirmacións de que existe unha minoría búlgara en Albania.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas