Alfredo Vilar Veiga, nado en Vigo o 27 de febreiro de 1893 e finado na Coruña o 27 de xullo de 1979, foi un banqueiro e político galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña.[1] Durante a guerra civil foi subinspector xeral de servizos da administración do Banco de España. Militou en Izquierda Republicana e estaba afiliado á UGT. Ao rematar a guerra pasou a Francia e despois exiliouse en México coa familia arrivando a Veracruz no buque Ipanema o 7 de xullo de 1939.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1941.[3] Retornou a Galicia a finais dos anos sesenta. Finou na Coruña o 27 de xullo de 1979.[4]
Vida persoal
Casou con Rolindes Munch Zapata, irmá de Antonio Munch Zapata, e foi pai de Alfredo, Enrique e José Vilar Munch.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas