Alfredo Suárez Canal, nado en Allariz en 1951, é un político galego.
Traxectoria
Estudou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de ensino secundario. É un dos membros fundadores do BNG e da ING. Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005), e membro do Consello Nacional do BNG.
Logo dunha longa carreira política, foi nomeado conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, entre 2005 e o 2009.
Foi a cara visible do goberno galego na vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia.