Alfredo Hernandez é un batería estadounidense coñecido por ter tocado nas bandas de desert rock Kyuss, Queens of the Stone Age, Brant Bjork and the Bros e Yawning Man. No presente é membro do grupo Avon.[1]
Carreira
Hernandez uniuse a Kyuss a finais de 1994 para substituír o batería anterior, Brant Bjork, que saíra durante unha xira da banda por problemas persoais. Josh Homme de Kyuss afirmou nese momento que Hernández foi o único batería considerado para o traballo. Hernandez só aparece no derradeiro álbum da banda, ...And the Circus Leaves Town, xa que Kyuss entrou en hiato pouco despois, en outubro de 1995. Hernandez tocou despois no primeiro disco de Queens of the Stone Age en 1998, e no 2004 na gravación dun EP da banda do seu compañeiro en Queens of the Stone Age Nick Oliveri, Mondo Generator, estando brevemente de xira con eles.[2]
Hernandez foi un dos membros fundadores do grupo Yawning Man, onde tocou dende 1986 ata 2011. En 1999 uníuse a Brant Bjork e a Dave Dinsmore para formar a banda de breve vida Ché. O álbum de 2000 Sounds of Liberation foi o único material gravado polo grupo e, tras unha pequena xira, a banda disolveuse.[3][4] Tras a separación de Ché hernandez uniuse a Orquesta del Desierto, e posteriormente a Brant Bjork and The Bros, tocando no seu álbum Somera Sól e xirando en 2007.[5]
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Videos | |
---|
Singles | |
---|
Outras cancións | |
---|
Artigos relacionados | |
---|