Alfredo Gómez Ollero

Modelo:BiografíaAlfredo Gómez Ollero
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Paderne de Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Nantes, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Alfredo Gómez Ollero, nado en Paderne de Allariz o 9 de setembro de 1905 e finado en Nantes o 13 de febreiro de 1943, foi un militar e maquis galego.[1]

Traxectoria

Fillo dunha humilde familia campesiña, aprendeu a ler con 20 anos, traballaba nos veráns como cordoeiro cunha cuadrilla de temporeiros en Córdoba. O 16 de xullo de 1936 viuse atrapado polo estoupido da Guerra Civil na zona republicana. Chegou a capitán do exército republicano, combatendo ás ordes do xeneral Enrique Líster, e exiliouse en Francia.

Internado nos campos de concentración, pasou despois a Nantes e entrou na 178 Compañía de Traballadores Españois. Foi o máximo responsable da resistencia á invasión alemá na zona inferior do Loira. Servía de enlace ao Partido Comunista de España no exilio. Foi detido, xulgado pola Gestapo nun proceso sumarísimo "o proceso dos 42" celebrado o 16 de setembro de 1942, simulacro de xuízo que a ocupación alemá artellou para escarmentar as continuas sabotaxes dos resistentes. Foi encarcerado, torturado e fusilado espido e coas mans atadas ás costas o 13 de febreiro de 1943, xunto con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Benedicto Blanco Dobarro, de Avión.

Le Colectif du Procés des 42, unha organización dedicada á recuperación da memoria histórica dos 37 executados polos nazis, descubriu o 13 de febreiro de 2006 en Nantes un monumento na súa honra.

Notas

  1. A.R. López e S. Noia (2 de marzo de 2006). "Alfredo Gómez Ollero. A memoria galega no Proceso dos 42" (PDF). Revista das Letras (608). 

Véxase tamén

Ligazóns externas