Alfonso Villares Bermúdez, nado en Cervo o 2 de maio de 1970, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Veterinario de profesión. Foi concelleiro do PPdeG en Cervo dende 1995. Dende 1999 formou parte do equipo de goberno de Cervo. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cervo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Nese mandato foi elixido vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015[1] e nas de 2019[2], tras as cales ademais foi vicepresidente primeiro da FEGAMP. Volveu lograr a maioría absoluta nas municipais de 2023, mais non chegou a tomar posesión como alcalde, xa que en xuño de 2023 foi nomeado novo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas