Alfonso Polanco Rebolleda, nado en Palencia o 29 de decembro de 1967, é un político español do Partido Popular, alcalde de Palencia desde xuño de 2011.[1]
É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, especializándose como técnico de auditoria e contabilidade do Ministerio de Facenda e traballando como funcionario do Estado. Ocupou diversos cargos técnicos dentro da Xunta de Castela e León.[2]
Alcalde de Palencia
En 2011 Alfonso Polanco presentouse como candidato polo Partido Popular á alcaldía de Palencia despois de varios anos sendo un dos concelleiros na oposición. A lista que encabezaba conseguiu a maioría absoluta no consistorio con 21.335 votos e 14 concelleiros, desprazando da alcaldía a Heliodoro Gallego (PSOE) despois de 16 anos non consecutivos.[3]
Notas