Alfonso Alonso Portugués, nado en Mourentán en 1903, e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.[1]
Traxectoria
Tiña un viveiro na súa casa do Urzal (Barcela). Apaixonado da música, tocaba na antiga Banda de Música de Arbo e tamén o órgano na igrexa de Arbo. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas