Alfar (1945)

Alfar
PaísEspaña
LugarA Coruña
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Alfar foi unha revista de periodicidade mensual editada na Coruña entre 1945 e 1947 pola Sociedad Gallega de Publicaciones vinculada á Delegación Nacional de Prensa. Sacou á rúa un total de nove números.

Historia e características

Subtitulada Revista Gráfica de Galicia, apareceu a finais de decembro de 1945.[1] Publicación mensual, estaba dirixida por Luís Conde Rivera. Contiña reportaxes, fotografías de actualidade, curiosidades e pasatempos. Cesou a súa publicación en 1947.

Entre os seus colaboradores estaban Luis Villardefrancos, Enrique Larios, Luis Cano, Juan F. Piñeiro, Carlos René e Enrique Mariñas.

Notas

  1. El Compostelano, 4-1-1946, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas