Alessandra Aguilar Morán, nada o 1 de xullo de 1978 en Lugo, é unha fondista galega.[1] Competiu en tres Xogos Olímpicos (Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016), na proba de maratón.
Traxectoria
Foi campioa de Europa na categoría Júnior, e na categoría Promesa gañou o Campionato de España de 5.000 metros en pista, o Triangular Gran Bretaña-España-Francia de 3.000 metros, e varios Campionatos de España Universitarios de 5.000, entre outros. Xa na categoría absoluta, ten participado en diversas probas coma os Campionatos de Europa de Medullín, Edimburgo e Useedom, o Campionato do Mundo de San Galmier e o de Fukuoka, ou o maratón de Rotterdam[2].
Tamén correu o maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde quedou no posto 26º cun tempo de 2:29'19"[3], sendo a mellor clasificada das tres españolas que competían, e mellorando a súa marca dos Xogos de Pequín, onde fixera un tempo de 2:39'29" (posto 54). No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou 5ª na proba de maratón, cun tempo de 2:32'38".
No maratón dos Xogos de Río 2016 abandonou no quilómetro 27.
Notas