Alejo Barja Prieto foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Barja Alonso. Avogado en Mondoñedo. Foi fiscal municipal de Mondoñedo en 1929. Colaborou nos primeiros número da revista Galiza. O 2 de outubro de 1936 foi nomeado vocal da comisión xestora municipal e o 29 de decembro, síndico. Continuou como concelleiro e a finais dos anos corenta era o primeiro tenente alcalde. Foi alcalde de Mondoñedo de 1950 a 1959. Foi xefe local do Movimiento até marzo de 1962.[1] Colaborou en El Progreso.
Obras
- El Comendador de la Orden de Alfonso X el Sabio Ilustrísimo Sr. D. Eduardo Lence-Santar y Guitián, cronista oficial de la Muy Noble, Leal y Fiel Ciudad de Mondoñedo, 1959.
Vida persoal
Casou en Chantada con Fernanda Noguerol Eyré en 1931,[2] e foi pai de Alejo Barja Noguerol.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-3-1962, p. 14.
- ↑ La Voz de Galicia, 12-9-1931, p. 8.