Alejandro García Durán, finado nas Neves en 1935[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel García Golmar. Foi correspondente de La Correspondencia Gallega nas Neves e redactor de La Era. Foi alcalde das Neves en 1922[2], cesando coa ditadura de Primo de Rivera[3]. Volveu ser alcalde das Neves en abril de 1930.[4] Recibiu a insignia de Cabaleiro de Sabela a Católica en 1922.
Notas