Aleixo II de Trebisonda (en grego: Αλέξιος Β΄ Μέγας Κομνηνός, Aléksios II Mégas Komnēnós), nado en setembro ou decembro de 1282 e finado en 1330, foi emperador de Trebisonda desde 1297 até 1330.
Traxectoria
Foi o fillo máis vello de Xoán II de Trebisonda e Eudoxia Paleóloga. En 1297 sucedeu ao seu pai Xoán II no trono de emperador de Trebisonda e permaneceu así até a súa morte en 1330. Tamén foi coñecido como Aleixo Paleólogo e Aleixo Comneno. En 1311 Aleixo II aliouse co emir de Sinope contra os xenoveses e en 1313 atacounos pero foi derrotado e tivo que facer a paz, que foi renovada en 1316. Perdeu territorios nas campañas dos emires turcománs entre 1313 e 1323, pero logrou derrotar aos turcománs en Giresun. Durante a segunda metade do seu reinado outorgou privilexios comerciais aos venecianos para contrarrestar os dos xenoveses. Morreu en 1330. Sucedeuno Andrónico III Comneno.
Véxase tamén
Bibliografía
- W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.