Alberto Valverde Pérez, nado en Nigrán, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Nigrán dende o 2011 ata o 2015.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Políticas, é empregado de banca. Presentouse ás eleccións municipais de 2011 en Nigrán encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, obtendo o seu partido, o PP, conseguindo 6 concelleiros fronte os 7 do PSdeG. SON conseguiu 2, U.C. Nigrán e o BNG conseguiron un concelleiro cada un. O PP non deu pactado con ningún partido e o PSdeG conseguiu sen maioría absoluta a alcaldía.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas