Alberto Romar Landeira, nado en Santa Comba o 27 de xullo de 1990, é un empresario e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Empresario no sector do lecer infantil. Foi presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba dende xullo de 2020 ata outubro de 2022. Nese último mes foi presentado como candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba[1] para as eleccións municipais de 2023. En dita convocatoria electoral logrou a maioría absoluta e foi elixido alcalde[2].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos