Albert Ventura Pedreño, nado o 7 de abril de 1992 en Badalona, é un xogador español de baloncesto internacional profesional. Formado nas categorías inferiores do Joventut Badalona, actualmente xoga para o HLA Alicante da Liga LEB.[1] Cunha altura de 1,92 m, xoga na posición de escolta.[2] É o terceiro xogador do Joventut con máis partidos disputados na ACB despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa.
Traxectoria
Nado en Badalona, Albert Ventura comezou xogando no colexio AE Minguella. Nun partido contra o Joventut, o principal equipo da súa cidade natal, o equipo fixouse nel e fichouno para ás súas categorías inferiores. Despois de xogar no CB Prat, filial do primeiro equipo, en LEB Prata, debuta na Liga ACB o 27 de marzo de 2011 ante o Meridiano Alicante.[3] No ano 2012 sube definitivamente ao primeiro equipo, onde acaba por converterse no capitán e no terceiro xogador do club con máis xogos disputados despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa. O 25 de xullo de 2023, despois de trece temporadas no club catalán, anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán.[1]
Clubs
Ao longo da súa carreira, Ventura ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas