Alahis (ou Alagis) foi un duque ariano de Trento e Brescia antes de se converter en rei dos longobardos despois do éxito da súa rebelión en 688. Con todo, non gobernou moito tempo.
Traxectoria
A súa primeira rebelión contra o rei Perctarito fracasara, pero o rei capturouno, perdoouno e soltouno. Volveuse rebelar en 688 cando Cuniperto, o fillo de Perctarito, o sucedeu. Forzou a Cuniperto a se exiliar nunha illa no medio do Lago de Como, pero o seu goberno foi gravoso e tiránico, e perdeu o apoio do pobo. Finalmente, en 689, Cuniperto levantouse cos homes do Piemonte e derrotou a Alahis e os homes de Venecia na Batalla de Coronate, nas beiras do Río Adda, nas proximidades de Lodi. Foi vencido e morto na batalla.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos