Aitor Urresti

Modelo:BiografíaAitor Urresti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Partido políticoVerdes Equo Editar o valor en Wikidata

Aitor Urresti González, nado en Bilbao o 15 de xaneiro de 1975, é un enxeñeiro industrial e político vasco de Equo, partido polo que foi candidato á lehendakaritza nas Eleccións ó Parlamento Vasco de 2012. Foi coportavoz de Equo Euskadi e dende novembro de 2014 é membro da Comisión Executiva Federal de Equo.

Actividade profesional

Enxeñeiro industrial especializado en enerxías renovables, traballa como profesor na Universidade do País Vasco e investiga o almacenamento de calor mediante materiais de cambio de fase para a integración da enerxía solar na edificación e a industria.[1][2]

Activismo social

Participou en agrupacións sociais de distinto ámbito: democracia participativa, dereitos humanos, pacificación, débeda externa, cooperación, etc. Recentemente formou parte de “Fracking EZ Araba” e representa a Equo na asemblea antifracking de Bilbao chamada “Fracking EZ Bizkaia”.[2] Estas plataformas están organizadas co propósito de que non se empregue o sistema de fractura hidráulica para a obtención de gas no País Vasco polos danos que provoca ó subsolo e ós acuíferos.[3]

Notas

  1. "Grupo de Investigación Energética de la Universidad del País Vasco". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2011. Consultado o 05 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "Aitor Urresti será el candidato de EQUO a las elecciones autonómicas de Euskadi". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 05 de decembro de 2016. 
  3. "Manifiesto de Fracking EZ Áraba". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 05 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas