Ainhoa Lameiro Rodríguez, nada en Salceda de Caselas o 21 de setembro de 2000,[1] é unha deportista galega, que compite en piragüismo na modalidade de slálom.
En 2019 proclamouse subcampioa do mundo ao gañar a prata na proba de C1 por equipos do Campionato Mundial de Piragüismo en Slálom.
Traxectoria
Iniciouse no piragüismo aos 12 anos e entrou no Club Piragüismo Penedo de Tui, primeiro na modalidade de pista e pouco despois en augas bravas. No seu segundo ano proclamouse campioa de España da súa franxa de idade e aos 14 anos entrou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, no que estivo catro anos[1]
Participou en varios Europeos e Mundiais júnior logrando un bronce en 2018 xunto a Pau Echaniz no Mundial júnior en Ivrea (Italia), na categoría de C2 mixto.[2] En 2019 competiu no Campionato Mundial sub-23 e debutou internacionalmente na categoría absoluta no Campionato Europeo celebrado en Pau, onde finalizou sétima no C1 feminino por equipos.[3]
En setembro de 2019, no Campionato Mundial en La Seu d'Urgell, logrou a medalla de prata en C1 por equipos, xunto a Nuria Villarrubla e Klara Olazabal.[4] Nese mesmo Mundial participou tamén en C2 mixto, xunto a Pau Echaniz, finalizando en oitava posición.[5]
Palmarés internacional
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas